Entrada libre en todas as sedes ata completar capacidade. Para acceder á Sala (S8) PALEXCO e CGAI será necesario retirar as entradas (de balde) durante os 30 minutos anteriores ao comezo de cada sesión.
Sedes
A Coruña

(S8) Mostra de Cinema Periférico,
(S8) ten lugar en A Coruña. Cidade con grande tradición cinematográfica, na que se realizou a primeira filmación en España co cinematógrafo dos irmáns Lumiére. (Entierro del General Sánchez Bregua, José Sellier, 1897). Situada no Noroeste da Península Ibérica, A Coruña, Balcón do Atlántico, é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, onde o océano foi protagonista dos seus máis de 2.000 anos de historia. A Coruña é unha cidade de infinitas posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña ás súas rúas vitais, iluminadas polo sol ou o neon. Desde voces que proclaman existencias nos postos de peixe e marisco ata os paseos pola Cidade Vella, polo Paseo Marítimo ou polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o ocio e espazos naturais onde gozarmos de vistas e paisaxes espectaculares. Desde arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata discotecas, o casino e os recitais de música clásica. A Coruña é unha cidade onde o lecer e a cultura fúndense para dar como resultado apaixoantes percorridos.
Outras Localizacións

Afundación na Coruña,
un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw, achega unha obra vangardista ao patrimonio arquitectónico da cidade e de Galicia e completa a fisionomía do Cantón Grande permitindo, grazas a un enorme corredor interior, que o propio inmoble funcione como vía de conexión entre a rúa da Estrela e os Cantóns. O seu deseño aseméllase á crista dunha onda mariña internándose nos Cantóns e rompendo nunha fachada de cristal retroiluminada; supón unha reinterpretación das características galerías da Mariña. Este edificio, xa coñecido como a A onda de cristal, combina dous materiais —o pétreo, de longa tradición na arquitectura galega, e o metálico— con gran plasticidade, outorgando protagonismo á luz cenital. Concibido como centro sociocultural de referencia, nos seus 7692 m2, cunha orixinal e eficiente distribución, dispón de espazos equipados coa máis avanzada tecnoloxía para a celebración de exposicións, espectáculos, simposios, conferencias e un amplo abano de actividades e obradoiros; ademais, o centro conta con cafetería propia. O Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeu en 2006 a esta construción un dos premios european awards, que distingue o traballo realizado por membros do RIBA en todo o mundo. Trátase dun edificio 100 % accesible e que conta coas certificacións ISO 14001 e Emás.
Cantón Grande 21, 23, 15003 A Coruña
981 185 060
Afundación na A Coruña,

Centro Galego de Artes da Imaxe.
Filmoteca galega, de eminente labor no campo da recuperación, catalogación e custodia das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, así como da difusión da cultura cinematográfica universal en Galiza.

A Sala de Exposicións PALEXCO
érguese sobre o Peirao de Transatlánticos do porto coruñés, xunto ás mariñas deportivas. Está estratexicamente situado no centro da cidade, a escasos minutos a pé do núcleo comercial, hostaleiro, cultural e de lecer da Coruña. A sala forma parte dun edificio deseñado polos afamados arquitectos César Portela e Ricardo Bofill, e convertido xa nunha construción icónica na cidade.
Sala Municipal de Exposicións PALEXCO. Concello da Coruña Muelle de Trasatlánticos, s/n. 15003 A Coruña
981 184 200

A Fundación Luís Seoane
está situada nun antigo cuartel rehabilitado e inaugurado en maio de 2003. Ademais de investigar e divulgar a obra e o legado intelectual de Seoane, a Fundación desenvolve unha grande variedade de proxectos en torno á cultura e o pensamento contemporáneos.
San Francisco s/n, 15001 A Coruña
981 21 60 15

A Domus
é un museo interactivo dedicado de forma global e monográfica ao ser humano que tamén conta cunha ampla sala de cinema. Atópase nun edificio obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e César Portela. A fachada que dá ao paseo marítimo cúrvase como a vela dun barco ao vento ofrecendo dita imaxe á cidade.

Atalaya.
Realizado en 1933, o Atalaya é un edificio-barco de estilo racionalista, obra do arquitecto Antonio Tenreiro, construído ao borde do mar para amosar a súa admiración pola construción naval. Restaurado na década dos 80, foi durante anos o edificio máis vangardista da cidade.
Avda. Porto da Coruña, s/n (Xardíns de Méndez Núñez), 15001 A Coruña
981 210 511