(S8)
  • Programación
  • Actividades paralelas
  • Artigos
  • Novas
  • Entrevistas
  • Sedes e Entradas
  • Residencias
31 Maio - 9 Xuño
31 Maio - 9 Xuño
logo
(S8)
GL
  • GL
  • ES
  • EN
logo
  • Programación
  • Actividades paralelas
  • Artigos
  • Novas
  • Entrevistas
  • Sedes e Entradas
  • Residencias

SINAIS EN CURTO

PROGRAMACIÓN

SINAIS EN CURTO

Sinais en Curto convida unha vez máis a descubrir ou a facer repaso dalgunhas das pezas máis interesantes feitas por cineastas de Galicia no último ano. Un territorio no que parece que nunha houbo seca no que á creación audiovisual fóra do canon se refire. O percorrido que propoñemos este ano configura unha especie de historia subterránea de migración, unha peza crave da identidade e o espírito desta terra. Un percorrido que arrinca na illa de San Simón, na que a celebración do festival Sinsal dá pé á creación dunha peza que se estende máis aló do rexistro cara a rexións poéticas e evocadoras. Ilha, de Alexandre Cancelo (tamén presente en Sinais con 7 limbos, codirixida con Berio Molina), crea e recrea a través dun dispositivo sonoro as voces dun pasado incerto. A auga branca, da veterana Margarita Ledo, fainos chegar desde a súa peza o eco de quen se foi da terra para non volver, e que lembra desde Estremadura a Galicia e ás súas fontes de auga branca. A emigración desde o presente é o que aborda Stockroom, de Sol Mussa Juane, coa sombra do Brexit axexando Europa. Unha peza que trata a imaxe de vídeo desdobrándoa e dándolle outra dimensión, mostrando como vive o migrante hoxe en día. Uluru, do cineasta, escritor e investigador Alberte Pagán, é un punto de inflexión na sesión, a través da súa construción dunha posible arquitectura do espazo a través do cinema, e da memoria presente dunha viaxe a un sitio sacro. Con Cómo desaparecer, de Carlos Martínez-Peñalver, emprendemos o camiño de volta cara a Galicia, un camiño no que regresar é unha forma de desaparecer. Adrián Canoura, pola súa banda, o que fai en Rexistros. Xeografía de San Sadurniño é retratar os espazos baleiros que deixaron os que se foron tras de si, a través da súa experimentación sensorial co vídeo analóxico. Pecha a sesión Irmandade, nova peza de Helena Girón e Samuel Delgado, que co seu distintivo halo esotérico retratan aos que quedaron, nunha procura da esencia do espírito das revoltas pasadas dun pobo combativo.

PROGRAMA

Venres 31/05 | 20:00 h | CGAI / Repetición: Domingo 09/06 | 19:00 h | Sala (S8) PALEXCO

Image module
Image module
Image module
Image module
Image module
Image module
Image module
  • ILHA

    Alexandre Cancelo, España, 2019, vídeo, 10 min.
    Os ecos dunha illa perviven no espazo e na memoria. As voces resoan vivas. Un momento e un lugar, os vivos son sombras que transitan entre a paisaxe descolorida da enseada. A historia pousa no presente. A historia proxecta o seu lamento. Tres trobadoras. Un aparello que atrapa a voz. Unha pintora que trae de volta a cor. “Son illas afortunadas, son terras sen ter lugar. Onde o rei mora esperando. Mais se imos espertando, cala a voz e hai só mar.

  • A AUGA BRANCA

    Margarita Ledo, España, 2019, vídeo, 5 min.
    Retrato de Santa Mariña do Monte, esa parroquia ben organizada onde a auga abrolla e desaparece, onde a Virxe da Esperanza ten unha dobre na capela que non se asemella a ela, onde houbo festa, houbo morte e hai ofrendas. Un lugar que mira para ti cos ollos límpidos dunha vaca.

  • STOCKROOM

    Sol Mussa Juane, España, 2018, vídeo, 12 min.
    Stockroom é unha curta de xénero documental feito mediante un proceso experimental. Combina imaxes sacadas cunha cámara de man do exterior londiniense co ambiente que se vive nun almacén de traballo, onde os seus traballadores teñen o seu descanso. Trata temas políticos como o gran cambio que sofre a cidade co Brexit, e como isto afecta á súa cidadanía e ao colectivo migrante. Está contado, ademais, desde unha postura subxectiva de alguén que vive a situación. A nivel visual pon en xogo o abstracto para falar da memoria, os cambios e o íntimo.

  • ULURU

    Alberte Pagán, España, 2019, vídeo, 7 min.
    Imposible resistirse ao magnetismo de Uluru. Taka Limura, Paul Winkler, Phil Hoffman, os Cantrill… suficientes imaxes sobra a rocha. Cheguei a ela sen intención de filmar nin fotografar. Mais unha vez alí, como resistirse ao magnetismo da rocha, a esa inmensa parede encarnada cargada de historia e de cancións que, a pesar de ser máis baixa, simple e pequena que a veciña Kata Tjuta, te atrae cara o seu interior convidándote a fundirte con ela, a afundirte nela. Terra nativa, catedral do pobo anangu.
    Imaxes tomadas cunha tableta mini iPad, seguindo a circunvalación (11 km) en sentido horario baixo unha temperatura que acadou os 42ºC.

  • CÓMO DESAPARECER

    Carlos Martínez-Peñalver, España, 2019, 16mm a vídeo, 5 min.
    Joel decide marchar cara un territorio descoñecido, deixando ao seu paso como única pista unhas bobinas de 16mm. Unha mensaxe encriptada onde se entrevé unha viaxe sobre o desapego e a procura dun novo vínculo coa natureza.

  • REXISTROS. XEOGRAFÍA DE SAN SADURNIÑO

    Adrián Canoura, España, 2019, Hi8 a vídeo digital, 15 min.
    Con Consuelo Picos.
    Unhas árbores, uns animais, luces, cores, espazos…
    Unha navegación sensorial polas aldeas de San Sadurniño, onde ver é reter-percibir, onde o ollo non está contaminado e goza a través da aventura da percepción.
    Parafraseando a Stan Brakhage, “Cantas cores hai nun campo de herba para o bebé, que gatea ignorante do “verde”? Cantos arcos da vella pode crear a luz para o ollo non educado? Como de consciente das variacións nas ondas de calor pode estar ese ollo?”.

  • IRMANDADE

    Helena Girón y Samuel Delgado, España, 2019, 16mm a vídeo, 9 min.
    Unha irmandade de espectros ocúltase baixo as capas do tempo. Tralas descricións manuscritas por Vasco da Ponte, buscamos un pasado mítico que resoa de forma subterránea sobre unha paisaxe chea de presenzas invisibles que se activan e continúan vivas cada vez que pensamos nelas.

Azucena Losana. Faino ti mesma
Entrevistas
Azucena Losana. Faino ti mesma
Jeannette Muñoz. Un proceso infinito
Entrevistas
Jeannette Muñoz. Un proceso infinito
Vellos e novos amigos. Encontros e reencontros
Artigos
Vellos e novos amigos. Encontros e reencontros
María Meseguer. Fotografar a oscuridade
Entrevistas
María Meseguer. Fotografar a oscuridade
María Palacios Cruz. Extraendo as perlas da colección LUX
Entrevistas
María Palacios Cruz. Extraendo as perlas da colección LUX
Stefano Canapa. Ver o son
Entrevistas
Stefano Canapa. Ver o son
Prismáticas. Enfiar como xesto político
Entrevistas
Prismáticas. Enfiar como xesto político
Reunión, de Ilan Serruya. Unha colección de silencios
Artigos
Reunión, de Ilan Serruya. Unha colección de silencios
Jonas Mekas: “Eloxio de Marie Menken, poeta do cinema”
Artigos
Jonas Mekas: “Eloxio de Marie Menken, poeta do cinema”
Carla Andrade. Traballar cos espazos
Entrevistas
Carla Andrade. Traballar cos espazos
7 limbos: as loxas secretas do ruído
Entrevistas
7 limbos: as loxas secretas do ruído
Desbordamiento: A invasión da filme performance
Artigos
Desbordamiento: A invasión da filme performance
Jonas Mekas sobre Malcolm Le Grice
Artigos
Jonas Mekas sobre Malcolm Le Grice
FOCO RESTAURACIÓN: FABRICANDO CÁPSULAS DE TEMPO
Artigos
FOCO RESTAURACIÓN: FABRICANDO CÁPSULAS DE TEMPO
Envíos de tempo: algúns fragmentos para Jeannette
Artigos
Envíos de tempo: algúns fragmentos para Jeannette
Madi Piller: una entrevista
Entrevistas
Madi Piller: una entrevista
Ant.Seguinte
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Organiza
Image module
Sobre nós
  • Mostra
  • Equipo
  • Contacto
  • Organiza
Programa
  • Programación
  • Actividades paralelas
  • Calendario
  • Sedes e Entradas
Área profesional
  • Residencias
  • Prensa
Máis información
  • Artigos
  • Novas
  • Entrevistas

 © eSe8

logo