Alexandre Cancelo, guionista e realizador, e Berio Molina, cuxa actividade xira arredor da arte sonora, de acción e interactiva, unen forzas en 7 limbos, nunha intersección entre cine e arte contemporánea, unha película experimental tanto nas súas formas coma no seu contido.
SINAIS. 7 LIMBOS
SINAIS. 7 LIMBOS



Sete grupos de enmascarados percorren diferentes paisaxes. Nas súas cortizas levan fósiles debuxados, a presenza dunha identidade descoñecida. Cos seus movementos golpean o chan das cidades, permanecen quedos agardando o ruído da ruína e capturan o vento coas súas vestimentas. 7 Limbos é unha viaxe sonora polas veladuras do espectral.
“Este é o fin. Regreso a min mesmo. Europa é un cadáver aberto que len os feiticeiros, os analistas, os economistas e os xornalistas. Hoxe boto a voar.”
7 limbos condúcenos así por diferentes experiencias en diversos escenarios fantasmais e evocadores a través de Europa, da man dos artistas Miguel Prado, Alejandra Pombo, Nick Papadimitriou, Alberto R. Samaniego, Ignacio Castro, Loreto Martínez e Isaac Cordal.
Venres 31/05 | 20:00 h | Domus
7 LIMBOS
Alexandre Cancelo y Berio Molina, España, 2019, vídeo, 71 min.
PERFORMANCES 7 LIMBOS
Con motivo da estrea da película, ademais, o ( S8) e o espazo público da Coruña serán marco para dous das accións sonoras xeradas polo proxecto.



Botasoneiro
Unha estancia de acoples. O ruído medra creando unha onda impredecible de sons anárquicos baixo os que late un caos nervioso. O botasoneiro purifica o aire de ritmos, limpa de discursos baleiros o espazo radioeléctrico. Foucault demostrou a rotación da terra, o botasoneiro demostra a rotación obsesiva do cerebro humano ao redor da orde e o sentido. Non hai orde neste caos, non o busquen.
Tribuna Pública (Plaza Fábrica de Tabacos)
Pase 1- 12h
Pase 2- 13h
Fubarta
Fubarta colle o nome das baleas Xibardo (Yubarta en castelán), coñecidas pola complexidade do seu canto. A canción, propia de cada balea, evoluciona lentamente durante súa vida e nunca volve a unha secuencia de notas xa cantada, mesmo anos despois. O drone sonoro creado por estas baleas serve de inspiración ó drone creado por Fubarta, que ao mesmo tempo recorda a unha gaita. Está elaborada con látex, bambú e pallóns de gaita.
Paseo Marítimo (xunto á Praia do Matadoiro) e arredores da Domus (Casa del Hombre)
19h
Duración total: 30-40 min
Sinfonía de mazos
Sinfonía de mazos na noite coruñesa. A cidade é un instrumento e nós as notas dunha partitura improvisada que a acciona.
Horario nocturno sobre as 23h.
Distintos espazos do centro.
