Dez películas. Hai dez películas neste programa. En LUX, temos case 5000 en distribución. É esta selección representativa da colección de LUX e da súa historia? Probablemente non, aínda que de certa maneira podería selo. Sen reducir as historias contidas dentro da colección a unha soa historia, esta selección recoñece a futilidade desta tarefa, e opta por xestos pequenos en lugar de poñer grandes relatos. Películas curtas feitas predominantemente por mulleres cineastas… Estes traballos non son ruidosos e triunfantes; ao contrario, máis da metade do programa é mudo. Estas películas poderían ser descritas como notas, bosquexos, xestos. Periféricas, como o cine que o (S8) defende. Menos é máis, ou como a película de Rees-Mogg nos fai lembrar “Nada é algo”.
Dez películas para un décimo aniversario. Feliz aniversario, (S8), e que veñan moitos máis!
Programa e notas de María Palacios Cruz (LUX)





