MARK TOSCANO. CARTA BLANCA

PROGRAMACIÓN

MARK TOSCANO. CARTA BLANCA

WINDOW LIGHTS FOR WANDERERS

Cando se me deu xenerosamente a oportunidade en (S8) de producir unha carta branca composta polos meus traballos de restauración, decidín compoñer unha selección completamente intuitiva, pero que tamén ofrécese unha gama completa de exemplos de diversas aproximacións para a restauración do cine experimental. Así que aínda que realmente teño pensamentos difíciles de explicar sobre como estas películas están conceptualmente relacionadas entre si (algo que só se pode facer a partir dunha subxectividade prismática e da relación fragmentaria entre o eu e o mundo exterior, creo), simplemente quería compartir algunhas das miñas favoritas con vós.

O título do programa, “ Window Lights for Wanderers”, vén dunha letra de Scott Walker, que faleceu en marzo deste ano, e cuxa música é significativa para min e probablemente tamén para moitos de vós. Este ano pasado estivo marcado polo desconcertante número de mortes de artistas moi especiais e de figuras da comunidade do cinema experimental, algunhas persoas coas que traballei como arquivista, e moitas outras ás que lles teño moito agarimo. As eleccións neste programa, e no seu título, están certamente influenciadas polos sentimentos asociados a estas perdas. Pensando nisto, parecíame aínda máis esencial que o programa se pechase coa extática e excitante Bent Time, dunha das persoas máis excepcionais que coñecín, a incomparable Barbara Hammer, que tamén morreu este marzo. Como en moitos dos seus traballos, en Bent Time embárcase nunha sorte de cinema ricamente empático e experiencial, no que se nos lembra o que sente ao estar vivos, como corpos e mentes que se moven, pensan e senten no mundo. Nela, Barbara propón temas dunha subxectividade exacerbada e dunha conectividade radical, e vibra positivamente cunha enerxía vital de grande carga emocional, polo que estaba decidido a compartila convosco e pechar así o programa. Barbara e eu queremos que saiades do cinema zoando!

Programa e notas: Mark Toscano.

PROGRAMA

Sábado 08/06 | 20.30 h | CGAI

  • ANSELMO

    Chick Strand, EE. UU., 1967, 16mm, 3 min.
    Unha das primeiras películas de Chick Strand, que recrea a entrega dun agasallo como unha celebración extática e impresionista a través de metraxe orixinal e atopada, diferentes emulsións e unha montaxe caleidoscópica. Esta película foi restaurada en 2016 a partir dos a/b rolls orixinais e unha banda sonora magnética.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.

  • GRAIN GRAPHICS

    Dana Plays, EE. UU., 1978, 16mm, 6 min.
    Unha serie de movementos humanos repetitivos multiplícanse por medio de técnicas de refotografado en diferentes configuracións ata que parece coma se houbese millóns de pequenos cadros na pantalla. A medida que esa serie de xestos simples son magnificados e multiplicados, van formando ondas a través da pantalla, un eco visual do gamelán da banda sonora do filme feita con cintas manipuladas. Esta película foi restaurada en 2012 a partir dos a/b rolls reversibles orixinais e unha banda sonora magnética.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.

  • ROSEBLOOD

    Sharon Couzin, EE. UU., 1974, 16mm, 8 min.
    Feita nun principio en 8mm, esta película-colaxe marcadamente textural e fragmentaria combina os movementos dunha danza con composicións e motivos inusuais e a miúdo disonantes. Couzin emprega a copiadora óptica dun modo complexo e enigmático para crear un traballo cinético que se vai desdobrando, e que parece comunicarse nunha linguaxe secreta definida polo misterio, a inestabilidade e a ruptura. Esta película foi restaurada en 2019 a partir do master orixinal en 16mm reversible inchado e unha copia con son magnético.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.

  • FIRE OF WATERS

    Stan Brakhage, EE. UU., 1965, 16mm, 6.5 min.
    Unha das últimas películas de Brakhage en branco e negro, e tamén una da súa escasas película sonoras dos 60, Fire of Waters emprega imaxes sorprendentes e mínimas filmadas principalmente durante unha tormenta eléctrica nocturna, tinguindo unha paisaxe residencial de Colorado cunha sensación de ansiedade e expectación. Restaurada polo Academy Film Archive e The Film Foundation. Esta película foi restaurada en 2018 a partir do rolo de película reversible orixinal e o master da banda sonora óptica editada.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.

  • ——— ———————

    Thom Andersen & Malcolm Brodwick, EE. UU., 1967, 16mm, 12 min.
    Concibido como unha proposta radical dunha nova forma de facer documentais, na cal a información se organiza de acordo a unha estrutura predeterminada (parcialmente expresada no título da película), esta memorable curtametraxe de Thom Andersen fíxose coa intención de converterse nunha cápsula de tempo dun lugar, unha época, unha cultura e unha actitude. O resultado final é unha acumulación progresiva de momentos fugaces e vertixinosos de Los Angeles en 1966-67. É tamén una das miñas favoritas de entre as películas nas que traballei, e é tamén unha película que se fai cada vez máis punzante e electrizante a medida que envellece. A película foi restaurada en 2008 a partir dos a/b rolls orixinais en película reversible e unha banda sonora magnética.

  • CHICAGO LOOP

    James Benning, EE. UU., 1976, 16mm a 35mm, 9 min.
    Este non tan coñecido curtametraxe de James Benning examina tres diferentes localizacións en Chicago en 1976, cada unha filmada enteiramente fotograma a fotograma con movementos de cámara que xeran contrastes entre visións, perspectivas e aspectos opostos do filmado. Esta película foi dixitalmente restaurada en 2013 a partir dos rolos de película reversible orixinais e negativos da banda sonora óptica.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.

  • SAUGUS SERIES
    Pat O’ Neill, EE. UU., 1974, 16mm a 35mm, 18 min.

    Unha das máis apreciadas curtametraxes de O’ Neill, Saugus Series funciona como un álbum con sete composicións dinámicas e impredicibles, un mostrario dalgúns dos máis ousados e expresivos traballos de composición óptica da primeira época do cineasta. Restauración do Academy Film Archive e The Film Foundation co apoio da George Lucas Family Foundation. Esta película foi restaurada dixitalmente en 2019 a partir dos a/ b rolls orixinais reversibles, o internegativo orixinal, e o master orixinal da banda sonora magnética en 35mm.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.

  • BENT TIME
    Barbara Hammer, EE. UU., 1984, 16mm a DCP, 22 min.

    Unha subxectividade inqueda explora localizacións onde a enerxía se concentra nun estado de arrebato cinemático. Música de Pauline Oliveros. Esta película foi dixitalmente restaurada en 2018 a partir da mellor copia en Gevachrome que subsiste, e unha copia dixital da música orixinal.
    Copia cortesía do Academy Film Archive.