Este programa celebra a figura de Jonas Mekas como padriño dunha xeración de cineastas de vangarda a quen defendeu e apoiou dende as páxinas de Film Culture, The Village Voice, e nas sesións da Filmmakers’ Cinematheque e o Anthology Film Archives. A comunidade de artistas e amigos que rodearon a Jonas Mekas dende a súa chegada a Nova York, en 1949, é inmensa e caleidoscópica, polo que a tarefa de seleccionar uns poucos nomes é complicada e probablemente inxusta. Esta homenaxe é só unha pequena mostra daqueles cineastas que Mekas considerou imprescindibles porque no seu cine había poesía e porque souberon reflectir as preocupacións do home e da muller da súa época —unha calidade que o lituano consideraba esencial para que unha película tivese sentido máis alá da súa técnica formal e da aparencia das súas imaxes.
“In the times of bigness, spectaculars, one hundred million dollar movie productions,
I want to speak for the small, invisible acts of human spirit…”
Jonas Mekas, Anti-100 Years of Cinema Manifesto
Programa e notas de Andrea Franco e Javier Trigales







