DESBORDAMIENTOS. MALCOLM LE GRICE

PROGRAMA

DESBORDAMIENTOS

MALCOLM LE GRICE

Se se pode falar de algo así como “clásicos” da filme performance, sen dúbida esa hipotética lista estaría encabezada por algúns dos traballos que se poderán ver nesta sesión dedicada ás obras performativas e multipantalla en 16mm de Malcolm Le Grice.

Castle 1 e Horror Film 1 desmontan e amplían o evento da proxección, cada un ao seu xeito: Castle 1, rompendo a ilusión a través dunha lámpada fronte a pantalla que se vai acendendo a cada canto; Horror Film 1 pon en xogo o corpo do artista para descompoñer o feixe de luz coloreado de tres proxectores en diferentes sombras de cores: unha experiencia visual nova a partir dos elementos básicos da proxección.

Por outra banda, Berlin Horse é un traballo cuxa beleza conxúgase cunha investigación arredor do material e tempo fílmicos. A partir da metraxe propia en 8mm e dunha película atopada dos comezos do cine, Le Grice refilma e manipula un hipnótico bucle, como hipnótico é o bucle sonoro creado por Brian Eno para a peza, que se exhibe con dous proxectores. Por outro lado, Threshold é un traballo no que ao emprego reflexivo da copiadora óptica se suman as posibilidades das permutacións da cor, construíndo a través da tripla proxección en 16mm unha peza profunda e complexa, na que o estudo das posibilidades da película e da proxección se suman a unha intensa experiencia visual.

PROGRAMA
Sábado 08/06 | 23:00 h | Sala (S8) Palexco

CASTLE 1
Malcolm Le Grice, Reino Unido, 1966, performance 16mm, 22 min.

BERLIN HORSE
Malcolm Le Grice, Reino Unido, 1970, dobre proxección 16mm, 9 min.

THRESHOLD
Malcolm Le Grice, Reino Unido, 1972, tripla proxección 16mm, 17 min.

HORROR FILM 1
Malcolm Le Grice, Reino Unido, 1971, performance 16mm, 14 min.