SESIÓN VERMÚ CON FEE REEGA

ACTIVIDADES PARALELAS

SESIÓN VERMÚ CON FEE REEGA

Image module
  • E para pechar a edición, o penúltimo día da Mostra reunímonos fóra das salas para facer un último brinde, nesta sesión vermú coa incomparable Fee Reega e o seu “folk problemático”. Fee Reega naceu en Balingen, no sur de Alemaña, e pasou por escenas musicais de Berlín e Madrid antes de mudarse a Asturias, onde reside actualmente en Xixón. Publicou discos en alemán, inglés e español, incluíndo dous discos de estudio, La Raptora (2014, Truco Espárrago) e Sonambulancia (2017, Humo).

     

    Sábado 08/06 | 14.00 h | Xardíns de Méndez Núñez