O cine experimental sempre apostou pola exhibición das películas no seu formato orixinal, sendo o feito cinematográfico da proxección en fílmico un dos seus eixes centrais. No entanto, o experimental non é incompatible coa evolución tecnolóxica. O II Seminario de Crítica quere facer fincapé este ano no mundo en liña como un espazo onde o cine experimental debe seguir a súa expansión na procura de novos públicos: xa sexa dende a crítica cinematográfica ou dende a programación de películas.
A Cuarta Parede volve á (S8) Mostra de Cinema Periférico para seguir teorizando arredor do cine experimental. Con motivo do décimo aniversario da Mostra, o II Seminario de Crítica esténdese máis alá das datas do propio festival cunha ambiciosa proposta. O seminario, organizado por A Cuarta Parede e (S8) Mostra de Cinema Periférico co apoio de Acción Cultural Española, contará con sesións teóricas, mesas redondas e proxeccións.
O alumnado terá a posibilidade de publicar textos, escritos e audiovisuais en A Cuarta Parede e contará co apoio desta na edición dos seus textos.



