MESA REDONDA RESTAURACIÓN. VIVIR PARA VER

ACTIVIDADES PARALELAS

MESA REDONDA RESTAURACIÓN

VIVIR PARA VER

Image module
Image module
  • Como culminación do foco dedicado este ano á conservación e restauración de cine experimental, abrimos debate nesta mesa cos protagonistas das diferentes master classes do festival: Bill Brand, Mark Toscano, Ross Lipman e Janine Marchessault dialogarán con Miguel Fernández Labayen (Director do Máster en Preservación de Arquivos Audiovisuais da Universidade Carlos III en colaboración coa Filmoteca Española) e Clara Sánchez-Dehesa (Coordinadora do Departamento de Arquivo da Elías Querejeta Zineskola), e co público asistente. Un encontro profesional no que debater as particularidades, dificultades e retos aos que se enfrontan aquelas persoas que se dedican ao labor de facer chegar o cine (en particular o máis fráxil, independente e experimental) ás xentes do futuro.

     

    Sábado 08/06 | 12:30 h | Afundación. Auditorio