MARK TOSCANO. MASTER CLASS

ACTIVIDADES PARALELAS

MARK TOSCANO. MASTER CLASS

REMAINS TO BE SEEN

Image module
  • O proceso de identificar, avaliar, conservar e restaurar obras de cine experimental pode ser un labor impredicible e atípico, relacionada de moitas maneiras con enfoques comúns na preservación do cine, pero tamén potencialmente despegadas deses estándares de forma radical. Ás veces, as necesidades únicas do cine experimental poden manifestar con maior visibilidade as preocupacións arquivísticas do cine en xeral, aínda que a miúdo esas películas requiren unha achega moi específica, xunto a un coñecemento sensible das intencións e tendencias do artista en concreto e as calidades intrínsecas do material fílmico en si mesmo.

    O coidado arquivístico do cine experimental non é só unha tarefa puramente técnica. Por necesidade, combina aspectos do estético, do referente ao comisariado e do técnico, xunto con grandes doses de xestión de proxectos, traballo de inventario, investigación, conversas, labores de detective, diplomacia e paciencia. Pode tamén implicar furgar entre a coada dun cineasta para atopar os seus negativos, convencelos para que non remonten ou destrúan unha das súas películas, ou emborracharse con eles cunha botella de tequila.

    Como restaurador de cine, especialiceime na conservación e restauración de películas experimentais e independentes na Academy Film Archive en Los Angeles dende 2003. Traballo coas coleccións de máis de cen cineastas e preservei aproximadamente 450 películas, xunto ao traballo adicional de arquivo de centos doutras. Nesta charla ilustrada, describirei e explicarei algúns dos meus procesos como arquivista e comisario de cine experimental, e tamén explorarei algúns exemplos detallados dalgúns dos retos que topei no meu traballo. (Mark Toscano)

    Venres 07/06 | 13:00 h | CGAI