MALCOLM LE GRICE. MASTER CLASS

ACTIVIDADES PARALELAS

MALCOLM LE GRICE. MASTER CLASS

MOMENTOS PRESENTES E TIEMPO QUE PASA

Image module
  • Malcolm Le Grice naceu en 1940 en Plymouth, Devon. Estudou pintura en Londres durante os anos coñecidos como os “swinging sixties” —tempos de grande actividade política, de cambios na moda e no estilo de vida, e de ruptura das fronteiras da arte. Comezou a traballar con cine en 1965. Aínda que seguiu pintando, o cine converteuse na súa área de traballo principal xunto coa experimentación con ordenadores e outras tecnoloxías. Le Grice describe un dos seus primeiros filmes en 16 mm, Castle 1, como un ataque pre-punk ao cine cunha lámpada que se acende unha e outra vez fronte á pantalla en directo. Partindo de aí, construíu o seu propio sistema de revelado e copiado, instalando máis adiante unha copiadora profesional na London Filmmakers Co-op. A preocupación coas condicións físicas da película e a súa transformación mediante o copiado foron as que dominaron o seu traballo “materialista” dos comezos. Todo isto en paralelo á súa exploración da multiproxección, a performance e a instalación, que serviría de base para o seu posterior paso ao vídeo dixital.

     

    Continuamente publicou traballos de teoría e historia, entre os que se inclúe unha historia do cine experimental, Abstract Film and Beyond, en 1977. Moitos dos seus ensaios teóricos compiláronse en Experimental Cinema in the Digital Age, de 2001. Esta publicación revisa as implicacións varias que para a arte do cine tivo o desafío que a aparición dos sistemas dixitais supuxo para a predominancia teórica do cine.

     

    A súa master class incluirá unha serie de extractos de vídeo que dan conta da ampla gama das súas exploracións con varios soportes e tecnoloxías. O percorrido comprenderá a transformación do fílmico, os primeiros experimentos dixitais, traballos performativos, instalacións multipantalla de grande escala e a súa exploración do 3D. Falará de como esta gama de exploracións prácticas se relacionan con conceptos e problemas teóricos.

     

    Xoves 06/06 | 13:00 h | CGAI