JANINE MARCHESSAULT. MASTER CLASS

ACTIVIDADES PARALELAS

JANINE MARCHESSAULT. MASTER CLASS

O ARQUIVO COMO MEDIO: ACTIVACIÓNS E REMEDIOS

Image module
  • Esta charla xirará arredor do proxecto “Archive/Counter Archive”, na que se falará de como os artistas empregan os arquivos audiovisuais como soporte por medio do que alterar as formas tradicionais de historia, compilación e construción do relato nacional. Un proxecto que posa a súa mirada nas oportunidades e formas de traballar con arquivos que están construíndo novas aproximacións á realización de cine, aproximacións colectivas, colaborativas e subversivas. Moitos festivais de cine en Canadá encargaron traballos a artistas que “remedian” arquivos para xerar novas formas de entender o arquivo audiovisual persoal e a historia ligada á diversidade das comunidades. O contra arquivo busca facer visibles esas historias, que foron ignoradas e que están a desaparecer neste contexto de continua decadencia dos arquivos e de crónica carencia de fondos dos arquivos comunitarios. O proxecto “Archive/Counter Archive” aglutina a un gran grupo de distribuidoras autoxestionadas por artistas en Canadá xunto cunhas catorce organizacións arquivísticas para desenvolver novas estratexias para preservar e dar acceso aos traballos audiovisuais dos artistas. (Janine Marchessault)

     

    Janine Marchessault é escritora, comisaria e investigadora na Universidade de York en Canadá, onde forma parte do Departamento de Cine e de Artes Mediais. É a directora do proxecto “Archive/Counter Archive” (counterarchives.ca). A súa publicación máis recente é Ecstatic Worlds: Media, Utopias, Ecologies (MIT 2017).

     

    Xoves 06/06 | 11:30 h | Afundación Sala de Prensa