INPUT 2019

ACTIVIDADES PARALELAS

INPUT 2019

INPUT é un espazo de titorización e asesoramento de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cine Periférico, a través da que 3 autoras terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional no campo do cine e da arte, con quen poderán discutir sobre os seus proxectos, dende o estado de escritura e desenvolvemento ata a distribución.

Coordinación INPUT: Gonzalo Veloso.

TITORAS

Image module
Image module
Image module

Pamela Biénzobas
Consultora, crítica e xornalista de cine chileno-francesa. Ademais das dúas décadas que leva escribindo sobre cine, colaborando con revistas e libros de diferentes países, traballou avaliando e asesorando proxectos, e tamén propondo candidatos a fondos e programas internacionais como Abycine Lanza, Torino Film Lab, Rawi (Xordania) ou Bellagio Center. (Fundación Rockefeller), entre outros. Traballa en festivais como os de Róterdam, Xixón ou a Berlinale Forum.

María Morata
Comisaria e investigadora. Levou a cabo proxectos artísticos e programas audiovisuais para diferentes museos, festivais e institucións artísticas (Arsenal-Institut para Cine e Videoart de Berlín, CCCB, MACBA e Centre Arts Santa Mònica Barcelona, Sterischer Herbst Graz, Impakt Festival Utrecht, Intermediae Matadero e La Casa Encendida, entre outros). Membro do comité de selección de Berlinale Shorts do Festival Internacional de Berlín, Dok Leipzig e Kasseler DokFest.

María Palacios Cruz
María Palacios Cruz é responsable da especialidade de comisariado de Elias Querejeta Zine Eskola (Donostia), subdirectora adxunta de LUX (Londres) e cofundadora da editorial The Visible Press. É ademais programadora para os festivais Punto de Vista (Pamplona) e Courtisane en Bélxica. Acaba de editar unha antoloxía dos escritos de Lis Rhodes titulada Telling Invents Told (2019).

PROXECTOS SELECCIONADOS

Image module
Image module
Image module

CRÍAS, de Xiana do Teixeiro
Película-revelación, que saca á luz o obxecto oculto do diario secreto de adolescencia feminina. No filme desprégase un autoinforme fragmentado que cuestiona todas as outras narracións sobre a experiencia da mocidade feminina. A vida das mulleres é debuxada como un proceso de discontinuidades, algo que, para avanzar, debe negarse. Crías é un libro filmado, un arquivo, un manifesto e un segredo.
Xiana do Teixeiro (de Walkie Talkie Films) é cineasta e investigadora. Traballa dende o ecofeminismo en proxectos sobre a construción e o significado social do xénero e da narrativa espectrista antropocena. É a autora de Tódalas mulleres que coñezo (2018), Somos Plaga (2017) e Carretera de una sola dirección (2016), entre outros proxectos.

BOMBARDEAR LAS NUBES, de María Isabel Costa Alfaro
Curtametraxe/cine expandido. Bombardear nubes supón, nun principio, o acto de desnaturalizar un elemento. A partir desta premisa, o proxecto aborda dous conceptos de desnaturalización para crear entre eles unha analoxía poética na que o proceso de bombardear as nubes atopa a súa relación coa migración forzada que atravesa Venezuela actualmente.
María Isabel Costa Alfaro es Licenciada en Comunicación Social, mención Artes Audiovisuais (Caracas, Venezuela). Dende o 2017 reside en España onde afondou nos seus estudos dentro do campo do cine documental e de vangarda.

EL MÉDICO CURA, de Maider Fernández Iriarte
El médico cura é un díptico audiovisual que explora a relación que se dá entre o relixioso e o científico, entre o físico e o sagrado no Santuario de Lourdes. Como pode reforzar a ciencia a crenza nos milagres?
Maider Fernández Iriarte (Donostia, 1988) é artista e cineasta. Os seus traballos foron recoñecidos e expostos en numerosos festivais e centros de arte, como o Festival de San Sebastián, Festival Europeo de Sevilla, FICXixón, Festival de Málaga, Zinebi, DA2, IVAM ou L’Alternativa, varios deles como parte do colectivo Las chicas de Pasaik. Actualmente está finalizando a súa primeira longametraxe, Las letras de Jordi, gañadora do premio Ikusmira Berriak 2017 do Festival de San Sebastián.